FANDOM


George HS TDH promo

George Weasley (n. 1 de abril de 1978) foi un meigo de sangue pura, fillo de Arthur e Molly Weasley (de solteira Prewett), irmán de Bill, Charlie, Percy, Ron, Ginny e o irmán xemelgo do falecido Fred Weasley. Os primeiros anos de George estiveron marcados polo auxe da Primeira Guerra Máxica, e cando Lord Voldemort caeu por primeira vez. Asistiu á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería con Fred desde 1989 ata 1996, e foi seleccionado para a casa Gryffindor. El e Fred eran estudantes populares, converténdose en Malladores do equipo de Quidditch de Gryffindor no seu segundo ano, e membros do Exército de Dumbledore no seu inacabado sétimo ano.

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.