O Quidditch é o deporte máis popular na comunidade máxica . É unha especie de fútbol-baloncesto aéreo que se xoga voando sobre vasoiras. thumb|296x296px Entre as vasoiras as hai de moi diversa calidade, desde a Varrex 5 ,pasando pola Nimbus 2000 e Nimbus 2001, ata chegar á Frecha de Fogo, vasoira practicamente exclusiva para profesionais e da que Harry Potter ten un modelo que lle regalou o seu padriño Sirius Black.
Elementos do xogo[]
Xogase nun estadio en forma oval (150 metros de semieixe maior e 55 de semieixe menor), cada un dos lados está dotado de tres aros situados a un distinto nivel de altura. Para o xogo se utilizan tres tipos de bolas distintas: Larpadela, Fungueira e Pispa Dourada. A bola máis importante durante o encontro, é a larpadela, que se utiliza para marcar tantos pasándoa a través dos aros do equipo thumb|left|Snitchcontrario, ao pasalos polos aros gáñanse 10 puntos, con ela xogan os Cazadores. As fungueiras son bolas que atacan aos equipos son pequenas pero pesadas e voan con forza e son receptadas polos malladores, que utilizan bates pequenos para evitar que golpeen a algún do seu equipo. E a pispa dourada é unha pequena bola dourada e alada moi rápida e difícil de atrapar, a cal debe ser atrapada polos Buscadores, ao atrapala gáñanse 150 puntos e o partido se termina.
O xogo enfronta a dous equipos de sete xogadores cada un. Existen distintos traballos entre os xogadores: un Gardián, dous Malladores, tres Cazadores e un Buscador.
O Gardián é unha especie de porteiro que se encarga de evitar que o equipo contrario introduza a larpadela nos arosthumb|Fungueira do seu respectivo equipo. Os Malladores son os encargados de repeler as Fungueiras, e no seu caso dirixilas ata o equipo contrario. Os Cazadores son os encargados de procurar introducir a Larpadela a través dos aros contrarios. Por último, o Buscador é o encargado de estar atento durante todo o xogo para poder atrapar a Pispa Dourada antes que o equipo contrario. Ao atrapar a Pispa Dourada o xogo finaliza, e o equipo que a atrapa gaña 150 puntos. Categoría:Quidditch Categoría:Xogos de vasoira Categoría:Xogos máxicos