Wikia Harry Potter
Advertisement

thumb Tom Morlov Riddle[1][2] (31 de decembro de 1926[3]2 de maio do 1998), posteriormente coñecido como Lord Voldemort, foi o mago tenebroso máis poderoso de tódolos tempos. Sendo fillo do adiñeirado muggle Tom Ryddle Sr. e a meiga Merope Gaunt, naceu con sangue mestiza, a súa nai morreu pouco despois de dar a luz. Tom Ryddle Sr. deixou á súa esposa unha vez que ela quedou encinta, habéndose librado do conxuro dunha poción de amor, a cal fora a única causa da súa relación. O seu fillo, Tom Ryddle, naceu e foi criado en un orfanato muggle, aínda que non tardou en ingresar á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería e incorporarse á casa Slytherin. Tom Ryddle foi durante a súa vida xuvenil considerado o alumno máis talentoso que xamais asistira a Hogwarts. Para a escola en xeral, el parecía ser un rapaz de bo comportamento e educación; sen embargo, Ryddle en realidade exhibía conductas de crueldade, sadismo, manipulación, sociopatía e megalomanía. Tras adquirir títulos de excelencia en cada proba académica presentada, Ryddle marchouse de Hogwarts e pouco despois intentou pedirlle emprego ao profesor Dippet, quen se llo negou. Despois dese traballou en Borgin e Burkes e logo desapareceu totalmente da vista pública.

Ao adoptar as ensinanzas das Artes Escuras que descubriu nas súas viaxes, Tom Ryddle, agora coñecido exclusivamente baixo o nome de Lord Voldemort, organizou un exército enorme composto de seguidores que recrutou tanto no seu período de formación como despois deste, así como de moitas criaturas máxicas con tenebrosos propósitos. Este exército, coñecido como os Mortífagos, deu inicio a unha campaña sen precedentes de terror e violencia por toda Gran Bretaña. Este crecente coñecemento tenebroso, foi empregado por Voldemort para dividir a súa alma en oito partes distintas, depositando sete en diversos obxectos e conservando unha, deste modo volvéndose practicamente inmortal. Tras escoitar só a metade dunha profecía referente a un só ser que tería o poder de destruílo, Voldemort se aventurou a dar morte ao neno Harry Potter, de quen cría que a profecía facía alusión. Despois de asasinar aos pais do neno, James e Lily Potter, Voldemort apuntou a súa varita ao mozo Harry. Sen embargo, debido ao sacrificio de amor de Lily Potter, a maldición de Voldemort foi desviada ata el de regreso e como resultado o seu corpo foi destruído. Despoxado da súa poder, Voldemort fuxiu a un bosque deserto en Albania para esperar o día en que puidera posuír un corpo e recuperar o seu poder. Tras trece anos de esperar o día que ansiaba chegar, e có uso da sangre do mesmo Potter, o Señor Tenebroso ascendeu de novo.

Notas[]

  1. Chámase Tom Marvolo Riddle na versión orixinal en inglés e Tom Sorvolo Riddle en español.
  2. Pottermore - O Herdeiro de Slytherin
  3. Ao ver que A cámara dos segredos ten lugar en 1992, cincuenta anos antes era exactamente era 1942. 15 anos antes dese ano era 1927. Non obstante, Riddle naceu en Ano Novo, facendo a súa data de nacemento 1926.

Categoría:Magos Categoría:Nados en 1926 Categoría:Mortos en 1998 Categoría:Magos Escuros Categoría:Propietarios da Varita de Sabugueiro Categoría:Club das Eminencias Categoría:Familia Gaunt Categoría:Estudantes de Hogwarts Categoría:Prefectos de Hogwarts Categoría:Falantes de pársel Categoría:Slytherins Categoría:Inventores de Maleficios Categoría:Asasinados polo Maleficio Asasino Categoría:Individuos británicos Categoría:Sangue mestiza Categoría:Legimencia Categoría:Masculino Categoría:Asasinos Categoría:Oclumancia Categoría:Fillos únicos Categoría:Orfos Categoría:Inimigos de Harry Potter Categoría:Vítimas da Segunda Guerra Categoría:Familia Ryddle Categoría:Familia Peverell Categoría:Grandes Magos Escuros Categoría:Figuras históricas Categoría:Inimigos de Albus Dumbledore Categoría:Premios Anuais Categoría:Inimigos de Hermione Granger Categoría:Solteiros Categoría:Inimigos do Exército de Dumbledore Categoría:Descendente de Salazar Slytherin

Advertisement